A Xunta exhibe optimismo sobre o sector lácteo, malia que o prezo segue por debaixo dos 30 céntimos
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destaca que as explotacións galegas "están a adaptarse ás condicións que impón o mercado". Salienta que os prezos e a produción creceron no último ano, pero esquece que os datos son peores aos que anos anteriores. Dende xaneiro de 2015 pecharon 1.350 granxas.