Economía
A Coruña e Compostela seguen sendo os concellos máis endebedados, pero con 10,5 e 8,7 millóns menos que en 2015. Miño incrementa os seus números vermellos nun 390% e convértese na localidade con máis débeda por habitante, con 2.627 euros por persoa.
A planta láctea que anunciou a Xunta en precampaña redúcese a unha quinta parte do prometido
A Xunta dixo que transformaría 400.000 toneladas ao ano pero a empresa limítaa agora a 70.000. Medio Rural di que será ampliada, pero non dá prazos.
As inscricións no paro baixan a niveis previos á crise coa precariedade como materia pendente
O paro rexistrado quedou o pasado xuño en algo menos de 187.000 persoas, cifra moi semellante á de finais de 2008. Unha das principais diferenzas do mercado laboral galego a respecto do inicio da crise é a contratación disparada: 10 contratos por cada baixa nas listas do paro
A folga de buses esténdese a todos os días da semana a partir do xoves 13
O persoal apoiou masivamente este martes, na quinta xornada de paros, a ampliación dos mesmos. Os sindicatos avanzan na negociación coa Xunta pola subrogación dos postos pero os empresarios ven “moi lonxe” un acordo.
Os condutores de bus deciden este martes, na quinta xornada de folga, se a estenden
Os sindicatos avanzan no seu acordo coa Xunta pero os empresarios veno “moi lonxe” tras reunirse este luns co Goberno galego e manter as dúas partes as súas posturas sobre a aplicación ou non xa en agosto do novo modelo de transporte
A Xunta cede na folga dos buses, reúnese á vez con sindicatos e patronal e ofrece subrogar “todo o persoal”
Feijóo garante “agora con documentos” a “estabilidade laboral” dos condutores. O Goberno galego filtra que malia criticalo, Monbus e Arriva, as dúas grandes empresas de Galicia, queren facerse con liñas do novo modelo de transporte.
Os sindicatos dos autobuses logran falar coa Xunta tras pecharse nas súas sedes
"A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros", din os sindicatos. A patronal cre que a "pasividade" do Goberno ante o conflito "pode responder a un interese por deixar morrer as pequenas empresas do sector"
A capacidade de gasto da poboación galega segue por debaixo do nivel previo á crise
En 2016, o gasto medio por fogar mesmo descendeu con respecto ao ano anterior. O gasto medio por persoa (10.606 euros anuais) crece lixeiramente, pero é menor que o dato que se rexistrou entre 2008 e 2011 e a fenda coa media española (11.312) increméntase
A Xunta limítase a esixir a fin da folga de autobuses tras a terceira xornada de paro masivo
A patronal cifra nun 85% a incidencia da nova xornada de mobilizacións. A conselleira asegura ter a "porta aberta" ao diálogo pero por separado, xa que os intereses de empresas e persoal son "distintos"
Amnistía fiscal e corrupción
Manoel Barbeitos
Os viaxeiros que reserven praza terán prioridade no novo modelo de autobuses
A Xunta creará “listas negras”, como as denomina ela mesma, cos que non anulen a reserva se non viaxan
Varias folgas ameazan cun comezo de verán conflitivo no transporte
Aos paros dos autobuses contra a Xunta e da estiba e os examinadores de Tráfico contra o Goberno engádese a protesta do metal na Coruña, que afecta tamén aos talleres de automoción