Menos construción, máis rehabilitación
Tralo estalido da burbulla inmobiliaria Galicia leva catro anos rehabilitando case o mesmo número de inmobles que edificios de nova planta se levantan.
Tralo estalido da burbulla inmobiliaria Galicia leva catro anos rehabilitando case o mesmo número de inmobles que edificios de nova planta se levantan.
Ata o 30 de xuño poderá presentarse a declaración do IRPF, por primeira vez a través do sistema Renta Web, que substitúe ao Programa Padre. Non hai grandes cambios nos treitos e deducións con respecto ao ano anterior. Increméntanse as vantaxes por achegas a ONGs e fundacións.
Os representantes deixan as súas organizacións logo de que estas asinasen o acordo que suporía a segregación en Cee e Dumbría. Seguirán como independentes no comité, unánime contra o pacto. "Ferroglobe fainos chantaxe a nós e aos galegos en xeral", din os traballadores.
O grupo de Villar Mir anuncia que pedirá permiso "de inmediato" ao Goberno galego para vender as instalacións da Costa da Morte logo de pactar un plan de investimentos cos sindicatos nunha negociación na que non están nin a CIG nin o comité de Cee-Dumbría
O PSdeG advirte das consecuencias da sentenza do Supremo que obriga a repercutir nas facturas os sobrecustos para as eléctricas polo canon eólico. Leiceaga pregúntalle á Xunta se vai “permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia".
O volume de negocio total roldou en 2016 os 42 millóns de euros, case o dobre do que se rexistraba en 2011. Hai case un milleiro de operadores rexistrados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
A pesar dunha leve recuperación dos prezos dende os mínimos acadados o pasado verán, as explotacións máis pequenas (maioritarias en Galicia), reciben 28 e mesmo 26 céntimos por litro. Dende abril de 2015 pecharon o 11% das granxas lácteas galegas.
O desemprego rexistrado descende en marzo en 1.868 persoas, unha baixada de novo inferior á media estatal. No primeiro trimestre de 2017 asináronse case 210.000 contratos, máis do 90% deles temporais
As dúas centrais maioritarias chegaron a un acordo coa patronal do sector. CIG e CGT critican que o pactado mantén a precariedade para o persoal
A renda per cápita de Galicia pechou 2015 no 79% da media comunitaria, mentres que a Xunta prevera acadar o 95%. O país afástase da converxencia europea pero gaña posicións relativas a respecto doutros territorios do Estado, que retrocederon máis.