Abanca presume de “compromiso coa contorna” tras a desaparición do Popular-Pastor
A entidade reúne este luns a súa xunta de accionistas para repartir beneficios e salienta a súa “estratexia enfocada en todo momento cara a solidez e a prudencia”
A entidade reúne este luns a súa xunta de accionistas para repartir beneficios e salienta a súa “estratexia enfocada en todo momento cara a solidez e a prudencia”
Os traballadores, que presentaron as alegacións, aseguran a empresa dille ao GOberno galego que a segregación e a venda das centrais permitiría levar a cabo o plan industrial e aos accionistas que cos cartos obtidos "farán fronte ás débedas e reducirán a carga financeira"
Villares, Leiceaga e Pontón piden conxuntamente a comparecencia urxente da conselleira de Infraestruturas no Parlamento para que dea conta do conflito aberto polo seu novo sistema de transporte
“É inadmisible coller os rapaces como reféns porque unhas empresas teñan discusións económicas con unha Administración”, salienta o presidente, que "garante" aos traballadores que "van manter os seus postos de traballo".
A empresa solicitoulle ao Goberno galego o inicio dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal co obxectivo de eludir o control do Concello de Pontevedra. A APDR esixe o desmantelamento da factoría, que a partir de decembro xa non poderá empregar mercurio para a produción de cloro
O Goberno galego abre expediente ás empresas polo incumprimento dos servizos mínimos, especialmente dos escolares, que este mércores afectaron a uns 57.000 alumnos. A conselleira tenta convencer a sindicatos e patronal de que “teñen intereses distintos”.
Villares compara o Santander cos eucaliptos porque “acaba coa variedade e empobrece o territorio” e Pontón di que a intervención de Feijóo ante Botín é “pedirlle a un lobo que non pape as ovellas”. Leiceaga tamén lle pide por carta á banqueira que manteña a marca.
Seguimento masivo do paro de condutores de bus que está a afectar a todo tipo de servizos, tanto de liña como urbanos, escolares ou discrecionais
No 2016 os pensionistas galegos recibiron unha media de 1.019 euros mensuais, fronte aos 741 das mulleres. As contías que reciben as persoas que se acaban de xubilar levan dous anos conxeladas.
8.000 dos máis de 60.000 millóns de axudas non recuperados corresponden á fusión galega. O documento obvia o papel da Xunta e o informe que esgrimiu para avalar a fusión, as indemnizacións dos ex-directivos ou as razóns polas que o propio Banco de España viu inviable a unión aos poucos meses
Caeulle unha roda de grandes dimensións nun taller. O pasado ano 62 persoas morreron en Galicia mentres traballaban e no que levamos de 2017 as cifras mantéñense. O índice de mortalidade por cada 100.000 empregados (7.27) duplica a media española (3.27)