Gandeiros despréganse polas industrias para evitar a importación de leite foráneo
Vinte tractores concéntranse ante Logística Alimentaria. Os produtores manterán a "vixilancia" sobre os camións cisterna que entran en varias empresas ás que acusan de comprar produto foráneo "mentres restrinxían a súa produción en Galicia ou deixaban de recoller".