Economía
Nove de cada dez mozos galegos en paro non percibe prestación ningunha
O número de desempregados desprotexidos aumentou no país en case un 30% desde a chegada do PP á Moncloa. A taxa de protección en Galicia sitúase por baixo do 30%, case tres puntos menos que no trimestre anterior e oito menos que hai catro anos.
Ano de seca: De decembro a xullo choveu un 50% menos
A Xunta mantén activada a prealerta por seca hidrolóxica e insta a poboación e concellos a "facer un consumo responsable" da auga, reducindo o seu consumo "na medida que sexa posible". Os encoros manteñen un nivel elevado, máis baixo nos situados en Ourense.
Bonito: Guerra e paz en Burela
A XXXI Feira do Bonito de Burela terá lugar o sábado 1 de agosto, organizada pola Sociedade Cultural Ledicia coa colaboración do Concello. En 2014, 20 anos despois da chamada Guerra do Bonito, descargáronse neste porto máis de 2.200 toneladas do príncipe azul
Onde carallo nacen os cartos?
José Luis Sucasas
A contratación temporal baixa o paro en Galicia, que segue a perder poboación activa
O número de desempregados descende en 23.200 persoas no segundo trimestre segundo a EPA. O país conta con case 32.000 parados menos que hai un ano, pero tan só 18.400 persoas atoparon emprego no país. O número de activos descendeu en 13.400 e a temporalidade continúa medrando.
Galicia conserva case 30.000 vivendas novas sen vender tras sete anos de crise
O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.
Sen leite non hai pan, Parroquia de Oirán!
Óscar Antón Pérez García
"Se a conselleira non ten un plan para o sector leiteiro de maneira inmediata, debería dimitir"
ENTREVISTA Este venres a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego chama a manifestarse en Compostela en defensa de solucións á crise que sofren os produtores de leite e en demanda de prezos xustos e dignos. Falamos con Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
O leite galego: An inconvenient truth
Maxi Vázquez Salvado
Alcaldes de concellos gandeiros demandan un prezo "digno" para o leite
18 rexedores reuníronse en Compostela e tomaron como base unha moción de apoio aprobada onte en Lalín. O venres o sector manifestarase en Santiago, nunha marcha convocada por SLG, UUAA e ASAJA-Galicia. Dimite o coordinador da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia
“Hai que ser emprendedor por elección, non por moda ou por necesidade”
CULTURA STARTUP Rubén Ferreiro naceu en Compostela hai 37 anos. Fillo de pai e nai funcionarios, fundou a súa empresa en Vigo no 2000, durante a febre das puntocom, como único empregado. Hoxe lidera os designios de Viko, grupo de empresas adicadas ao marketing en e-commerce, con máis de 140 empregados e oficinas en Madrid, Barcelona, Londres, México DF, Miami e Vigo.