A "recuperación económica" pregoada polo PP repuxo só 1 de cada 10 empregos perdidos
A crise acabou entre 2007 e 2013 con 183 mil postos de traballo en Galicia. Dende xuño de 2013 as afiliacións aumentaron unicamente en 18 mil persoas. O número de traballadores e traballadoras menores de 35 anos caeu un 44% dende 2007 e segue reducíndose.