Máis de 100.000 persoas traballan a tempo parcial en Galicia por non ter alternativa
O número de persoas que traballa a xornada parcial por non atopar emprego a tempo completo duplicouse dende 2009. As mulleres seguen sendo quen, maioritariamente, se ven obrigadas a reducir a súa xornada para encargárense dos coidados e obrigas familiares.