Así funciona a nova tarifa da luz por horas
O novo sistema entra en vigor con ano e medio de atraso e "no medio da confusión". O prezo exacto muda a diario e só se pode consultar cada tarde na web de REE.
O novo sistema entra en vigor con ano e medio de atraso e "no medio da confusión". O prezo exacto muda a diario e só se pode consultar cada tarde na web de REE.
En Galicia percibirán a axuda máxima os gandeiros que cobren o litro a menos de 24,5 céntimos; en Andalucía, os que reciban menos de 31,5. O Estado "marxina" o país ao empregar unhas referencias nada axeitadas ao modelo galego, o que deixa sen axuda o 80% das explotacións
A empresa estaba obrigada a decidir se pechaba esta e outras contaminantes plantas de queima de carbón ou se optaba -como finalmente fará- por reformalas para adecualas aos requerimentos medioambientais da UE. A instalación pontesa dá traballo a 330 persoas.
Os investimentos en instalacións fotovoltaicas de máis de 2.600 familias galegas quedaron no aire tralos cambios normativos retroactivos do Goberno. Esta fin de semana chega a Lugo e Santiago a campaña Camino del Sol, da Asociación Nacional de Productores Fotovoltaicos. Falamos co seu secretario, Juan Castro Gil
O Consello Económico e Social publicou este mércores o seu ditame sobre a norma proposta polo Goberno galego. Aínda que atopa moitos elementos positivos, critica a "elevada indeterminación" en moitos aspectos do texto, que pode provocar "arbitrariedade" e "inseguridade xurídica".
Falamos cos responsables de Galejobs, un portal de emprego, formación e consultoría de empresas, que botou a andar nos últimos meses, centrado en Galicia e pensado para dar solucións a pequenas e medianas empresas e a persoas que busquen traballo nas súas comarcas.
A sociedade gañou a poxa cunha oferta de 670 mil euros, superando á presentada por Casa Macán. A CIG amosa a súa sorpresa pola non comparecencia de ningún dos licitantes.
A caída dos salarios galegos é a segunda maior do Estado. A remuneración do persoal asalariado descende máis dun 2% mentres a media estatal sobe un 0,6%.
A débeda no segundo trimestre de 2015 acadou os 10.210 millóns, 304 máis que no primeiro trimestre. A Xunta cre que estes datos "ratifican que Galicia é a comunidade de referencia no control do endebedamento"
Coa axuda dun enxeñeiro técnico agrícola achegámonos aos custos medios das explotacións gandeiras que, engadidos ao transporte e elaboración, amosan por que non é posible vender leite por baixo de 61 céntimos o litro sen prexudicar os gandeiros.