Galicia, a que menos gaña nos orzamentos de Rajoy para o ano electoral
O Goberno de España planifica uns investimentos de 1.385 millóns de euros en territorio galego para 2015. O AVE volve capitalizar as partidas galegas das contas estatais, nas que a autovía Santiago-Lugo é a segunda infraestrutura con maior dotación.