A mina de Corcoesto contrata unha ETT para seleccionar o seu persoal
A empresa mineira inicia a selección para cubrir 271 postos de traballo despois de que a Xunta prometese maís de 1.300. O PP tomba unha iniciativa parlamentaria para revisar a declaración de impacto ambiental, que a oposición e a plataforma veciñal ven ateigada de irregularidades e imprecisións.