Admitida unha querela contra un alto cargo da TVG por "presunta prevaricación"
Un xulgado de Santiago comeza a tramitar a demanda interposta por cinco traballadores da televisión pública pola actuación do responsable de recursos humanos da compañía, ao que acusan de "desoír" as sentenzas xudiciais que obrigaban a canle a readmitilos despois de que os seus despedimentos fosen anulados pola Xustiza.