Economía
Aforradores aumentan a presión a dous días de coñecer a quita imposta ás preferentes
O FROB decidirá o venres a quita aplicada aos afectados, que incrementan as protestas. O conselleiro Hernández e o delegado do Goberno foron retidos en Vigo tras os incidentes no pleno de Ponteareas deste martes.
Máis de 80.000 galegos establecéronse no estranxeiro nos últimos cinco anos
O padrón de persoas procedentes de Galicia incrementou nun 20,9% dende 2009 e en máis dun 4% no último ano
O persoal da Xunta só poderá ir cos fillos maiores de idade ao médico "se non poden asistir sós"
O Goberno galego unifica as regras para a solicitude de permisos, licenzas e vacacións en todos os seus organismos nunha instrución que recolle algunhas das achegas sindicais
A UE confirma o desinterese do Goberno polo dique flotante de Ferrol
A Comisión di que nin Xunta, nin Navantia, nin Estado "notificaron formalmente" o proxecto da infraestrutura e que só houbo "discusións informais". O PSdeG pide a comparecencia de Feijóo e acusa o PP de "consolidar unha estafa" e de "mentirlle" de novo aos traballadores.
O Eurogrupo rescata a Chipre e provoca o primeiro 'corralito' da UE
Bruselas inxecta 10.000 millóns a Chipre, pero impón unha quita ás contas e depósitos. O goberno de Nicosia limita a retirada de fondos evitar unha fuga de capitais e garantir o pagamento da taxa.
Un xulgado da Coruña admite unha nómina como vía para comunicar unha modificación das condicións de traballo
CIG-Servizos considera “inaudita” a resolución, que “deixa na máis absoluta indefensión ao traballador afectado, e abre unha perigosa vía de interpretación da xurisprudencia social con incertas derivas”.
A desigualdade en España, no nivel máis alto da democracia
O impacto da crise sobre o emprego, un sistema fiscal pouco distributivo, os recortes en sanidade e educación, e unha rede de protección insuficiente, algunhas das causas.
Questom de classe
Joám Lopes Facal
Máis de 65.000 emigrantes amortecen o paro xuvenil dende o inicio da crise
Un total de 124.845 persoas de entre 18 e 34 anos abandonaron Galicia entre 2002 e 2011; un estudo sindical estima que a emigración evita que a taxa de paro galega sexa practicamente idéntica á do Estado
A Eurocámara apoia unha PAC que rexeita o BNG por prexudicar o agro galego
O Bloque vota en contra do paquete lexislativo dunha Política Agraria Común máis verde por "manter unha distribución das axudas inxusta", malia uns avances que cre "insuficientes". "Esperabamos unha PAC máis xusta e sustentable", asegura a eurodeputada Ana Miranda.
O eólico, outro sector que esmorece en Galicia
O peche da multinacional Alstom é o último de empresas de compoñentes eólicos en Ferrolterra, onde se destruíron 1.500 empregos nos últimos cinco anos. A inseguridade xurídica, a parálise na adxudicación de megavatios e a crise acaban cun sector punteiro no país.