Galegas 2020
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
O Parlamento constitúese constrinxido polo coronavirus entre os primeiros sinais políticos da lexislatura
O popular Miguel Santalices recunca na Presidencia da Cámara nunha Mesa na que tamén repite Diego Calvo e na que Feijóo incorpora a Corina Porro, que como a lucense Elena Candia fican fóra do reparto de postos na Xunta. O BNG comeza a exercer como primeira forza da oposición, cun posto no órgano reitor do Parlamento e situándose nos escanos que nas últimas lexislaturas ocupara o PSdeG
TEMAS 3 | Anatomía do 12X
No número de TEMAS, o monográfico para socias e socios de Praza.gal, percorremos a anatomía dos resultados das eleccións galegas do pasado xullo
Crónica repousada das eleccións ao Parlamento de Galicia
Abraham Pérez- Crónica Galegas 2020
- Política
O undécimo Parlamento galego bota a andar fronte ao coronavirus e á inercia
Unha semana antes da constitución do Parlamento saído das urnas do 12X, a Cámara galega celebrou a súa derradeira xuntanza coa composición dos últimos catro anos, na que o PP despachou cun "non" dúas peticións de comparecencia formuladas pola esquerda. A loita contra a pandemia será o gran tema da lexislatura. Rachar a inercia, o gran reto da oposición que agora encabeza do Bloque
- Datos Galegas 2020
- Política
A participación nas eleccións galegas cae por baixo do 50% tras o reconto definitivo
O escrutinio definitivo do 12X, incluíndo o voto exterior, eleva a abstención ao 51%. A participación do CERA, especialmente baixa dende a implantación do voto rogado, caeu aínda máis neste 2020 por mor dos atrancos derivados da pandemia e 4.000 persoas que o pediran non chegaron a recibir as papeletas
Case a metade das leis que promete o PP na nova lexislatura xa as anunciara para a anterior
Tras pechar a lexislatura de menor produción lexislativa da historia da autonomía, os populares volven comprometer normas como as de impulso demográfico e do xogo, prometidas para 2018 e aínda pendentes, e deixan de prever as de emprego e patrimonio, anunciadas para 2017
12-X (I): o fracaso de Galicia en Común
Xoán Antón Pérez-LemaO voto exterior dá o escano 42 ao PP e deixa o PSdeG con 14
O reconto do voto CERA permite ao PP manter 11 escanos por Pontevedra e ter a maioría absoluta máis ampla dende a de Fraga en 1997
- Análise Galegas 2020
- Política Vigo
O Vigo, Vigo, Vigo que planta cara ao Galicia, Galicia, Galicia
A campaña personalista de Feijóo obtén os seus peores resultados na principal cidade do país, onde empata cos socialistas dos que o seu alcalde renega
- Análise Galegas 2020
- Política
O BNG de Pontón será o grupo da esquerda parlamentaria galega máis numeroso dende o PSdeG de Touriño
Dende que PSdeG e BNG perderon o Goberno, as filas da esquerda estiveron marcadas pola interinidade, con ata unha vintena de liderados, e pola perda de forza parlamentaria. Pontón, que tamén é a primeira líder tras o ex-presidente socialista en disputar a Xunta ao PP dúas veces seguidas, celebra o "histórico" resultado ante o Consello Nacional do Bloque e subliña que "o 'sorpasso' que importa é o que permita un cambio galego en 2024"
Amnesia. Que pasou onte?
Antonio Gregorio