O grupo de pasaxeiros españois evacuados do MV Hondius xa aterraron en Torrejón de Ardoz, entre eles o galego de Cariño que permanecía no buque cun gromo de hantavirus. Foto: Ministerio de Defensa.
O grupo de pasaxeiros españois evacuados do MV Hondius xa aterraron en Torrejón de Ardoz, entre eles o galego de Cariño que permanecía no buque cun gromo de hantavirus. Foto: Ministerio de Defensa.
VÍDEO | Fillas de Cassandra estreou o seu novo traballo, Tertúlia, ante máis de 2.000 persoas en Pontevedra. O dúo vigués presentou o seu novo disco nun concerto coas colaboracións de Zetak, Caamaño & Ameixeiras, Ede ou Abraham Cupeiro.
Multitudinaria manifestación contra a planta de biogás na Laracha, con presenza dos tres grupos municipais (PP, BNG e PSdeG). A localidade acolleu milleiros de persoas de toda a comarca de Bergantiños en contra do proxecto en Soandres para mostrar o "rexeitamento unánime do concello" á iniciativa, semellante ás que hai previstas noutras localidades galegas.
O buque do hantavirus xa está nas Canarias para desaloxar os seus pasaxeiros. O Goberno de España ordena que se permita a entrada do MV Hondius logo de que o presidente autonómico se negase a autorizar o fondeo. Foto: imaxe da Televisión Canaria.
Nerea Pallares, Andrea Nunes Brións e Cándido Pazó gañan os premios Follas Novas. Os galardóns, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), entregáronse na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago.
José Precedo recolleu esta mañá en Pontevedra o XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, nun acto convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O galardoado defendeu que o traballo xornalístico "é sempre un traballo colectivo". "Respectar e preservar as fontes é o primeiro mandamento da profesión", lembrou.
Protesta no Ulla para exixir á Xunta a suspensión do campionato de pesca do salmón, especie que se atopa ao bordo da extinción. Ducias de persoas concentráronse este sábado na ponte medieval de Pontevea convocados polas entidades Adega, SGHN, AEMS-Ríos con Vida, FEG, Asociación Lobo, A Ulla Viva, Plataforma Ulloa Viva, Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Mina Touro-O Pino Non.
Unha concentración en Lugo pide devolver a bandeira de Palestina ao balcón do Vello Cárcere. A súa retirada foi a primeira acción do goberno local do PP tras a moción de censura que colocou Elena Candia na alcaldía. O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, e a edil Iria Buide asistiron á mobilización.
A ultradereita, gran triunfadora das eleccións locais no Reino Unido. Reform UK supera xa os 1.400 concelleiros tras conseguir apenas dous en 2022 e agudiza a desfeita de laboristas e conservadores. Os independentistas de Plaid Cymru e o SNP gañan as eleccións en Gales e Escocia, que terán gobernos liderados por formacións soberanistas, ao igual que en Irlanda do Norte, onde xa gañara o Sinn Fein.
O Obradoiro regresa á ACB tras vencer 85-68 ao Gipuzkoa Básket. O ascenso do conxunto compostelán dous anos despois implica tamén o regreso dos derbis galegos á máxima categoría do baloncesto masculino, na que o Breogán xa ratificou a súa permanencia e á que aínda opta o Básquet Coruña. [Imaxe: © Obradoiro CAB]