O buque do hantavirus xa está nas Canarias para desaloxar os seus pasaxeiros. O Goberno de España ordena que se permita a entrada do MV Hondius logo de que o presidente autonómico se negase a autorizar o fondeo. Foto: imaxe da Televisión Canaria.
O buque do hantavirus xa está nas Canarias para desaloxar os seus pasaxeiros. O Goberno de España ordena que se permita a entrada do MV Hondius logo de que o presidente autonómico se negase a autorizar o fondeo. Foto: imaxe da Televisión Canaria.
Nerea Pallares, Andrea Nunes Brións e Cándido Pazó gañan os premios Follas Novas. Os galardóns, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), entregáronse na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago.
José Precedo recolleu esta mañá en Pontevedra o XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, nun acto convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O galardoado defendeu que o traballo xornalístico "é sempre un traballo colectivo". "Respectar e preservar as fontes é o primeiro mandamento da profesión", lembrou.
Protesta no Ulla para exixir á Xunta a suspensión do campionato de pesca do salmón, especie que se atopa ao bordo da extinción. Ducias de persoas concentráronse este sábado na ponte medieval de Pontevea convocados polas entidades Adega, SGHN, AEMS-Ríos con Vida, FEG, Asociación Lobo, A Ulla Viva, Plataforma Ulloa Viva, Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Mina Touro-O Pino Non.
Unha concentración en Lugo pide devolver a bandeira de Palestina ao balcón do Vello Cárcere. A súa retirada foi a primeira acción do goberno local do PP tras a moción de censura que colocou Elena Candia na alcaldía. O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, e a edil Iria Buide asistiron á mobilización.
A ultradereita, gran triunfadora das eleccións locais no Reino Unido. Reform UK supera xa os 1.400 concelleiros tras conseguir apenas dous en 2022 e agudiza a desfeita de laboristas e conservadores. Os independentistas de Plaid Cymru e o SNP gañan as eleccións en Gales e Escocia, que terán gobernos liderados por formacións soberanistas, ao igual que en Irlanda do Norte, onde xa gañara o Sinn Fein.
O Obradoiro regresa á ACB tras vencer 85-68 ao Gipuzkoa Básket. O ascenso do conxunto compostelán dous anos despois implica tamén o regreso dos derbis galegos á máxima categoría do baloncesto masculino, na que o Breogán xa ratificou a súa permanencia e á que aínda opta o Básquet Coruña. [Imaxe: © Obradoiro CAB]
O PP sinala o seu propio alcalde de Abadín por non adherirse ao convenio da Xunta para a limpeza de faixas secundarias para acusar a concellos de PSdeG e BNG de non o facer. "Con algo tan serio, a prevención non pode depender de cores políticas", din os populares.
Echo and The Bunnymen, Dorian, Bala, Sés, Ruxe Ruxe, Catuxa Salom, Agoraphobia, Moura ou Mari Froes, primeiros artistas confirmados para o Festival Noroeste da Coruña. A 39ª edición deste certame gratuíto celebrarase do mércores 5 ao sábado 8 de agosto en sete escenarios da cidade. A praia de Riazor, María Pita, Azcárraga, Santa Margarida, Campo da Leña, O Portiño e o Castelo de San Antón son as localizacións elixidas.
O BNG de Pontevedra ratifica por unanimidade a Lores para optar en 2027 ao oitavo mandato na alcaldía. Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor pontevedrés dende 1999, apela a "dar un novo salto adiante" para obter, asegura, "máis calidade de vida en absolutamente todos os recunchos do concello. Baixo o lema Pontevedra, a por todas! Lores oficializará a súa candidatura cun acto o vindeiro 28 de meaio no Auditorio Afundación. Sabela Bará, responsable local do BNG en Pontevedra, sinala a Lores como "orgullo dun proxecto colectivo" que fixo da cidade "o mellor escaparate do que o nacionalismo galego é capaz de facer dende as institucións: transformar a realidade para mellorar a vida das persoas".