O BNG de Pontevedra ratifica por unanimidade a Lores para optar en 2027 ao oitavo mandato na alcaldía. Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor pontevedrés dende 1999, apela a "dar un novo salto adiante" para obter, asegura, "máis calidade de vida en absolutamente todos os recunchos do concello. Baixo o lema Pontevedra, a por todas! Lores oficializará a súa candidatura cun acto o vindeiro 28 de meaio no Auditorio Afundación. Sabela Bará, responsable local do BNG en Pontevedra, sinala a Lores como "orgullo dun proxecto colectivo" que fixo da cidade "o mellor escaparate do que o nacionalismo galego é capaz de facer dende as institucións: transformar a realidade para mellorar a vida das persoas".
- HEMEROTECA | Lores encara o sétimo mandato na alcaldía de Pontevedra polo BNG "ilusionado como nunca"
- HEMEROTECA | Vinte e cinco anos da fin da hexemonía do PP no poder urbano galego
- HEMEROTECA | A nova Pontevedra 'de toda a vida', o modelo urbano do BNG de Lores volve examinarse
- HEMEROTECA | "Pensamos Pontevedra como unha cidade para as persoas, levámola á práctica, funciona e a xente percíbeo"