Os Rinodiccionarios teñen nova app gratuíta. Os diccionarios castelán-galego, latín galego, etimolóxico e complementario poderán consultarse nesta nova aplicación, ademais de na web, grazas á colaboración entre Rinoceronte Editora e TICGAL Labs.
Os Rinodiccionarios teñen nova app gratuíta. Os diccionarios castelán-galego, latín galego, etimolóxico e complementario poderán consultarse nesta nova aplicación, ademais de na web, grazas á colaboración entre Rinoceronte Editora e TICGAL Labs.
Imputada a concelleira de Seguridade de Vigo e o dono do Saltamontes por un posible delito de homicidio imprudente tras o accidente mortal sucedido nesta atracción instalada durante as festas de Matamá no verán de 2024. O xuíz sinala que Patricia Rodríguez tiña o deber "ineludible" de ordenar o cesamento de actividade ou precintar a atracción.
Milleiros de persoas traballadoras do metal saen á rúa en Vigo para reclamar un convenio provincial digno no primeiro día da folga convocada por CIG, CCOO e UGT no sector, cuxo seguimento cifran nun 95%. O persoal protesta polo bloqueo na negociación dun convenio que afecta uns 30.000 traballadores de estaleiros, auxiliares do naval, automoción ou electricidade. Foto: Imaxe da TVG.
A plataforma Transfuguismo non, democracia si, maniféstase ante a casa do Concello de Lugo para rexeitar a moción de censura coa que o PP prevé facerse coa alcaldía esta mañá grazas ao voto da tránsfuga ex-socialista María Reigosa. Ao tempo, cargos institucionais e orgánicos dos populares acumúlanse no acceso á casa consistorial para ocuparen o espazo do salón de plenos reservado ao público. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
A Xunta propón que o vindeiro curso escolar comece o mércores, 9 de setembro e remate o luns, 21 de xuño. A Consellería de Educación vén de remitir aos sindicatos a proposta de calendario escolar para debater na vindeira reunión da Mesa Sectorial Docente. Segundo esta proposta, as vacación escolares do curso 26-27 irían do 21 de decembro ao 6 de xaneiro polo Nadal; do 8 ao 10 de febreiro polo Entroido e do 22 ao 29 de marzo en Semana Santa.
Co 88% escrutado, Carmen García Mateo e Belén Rubio pasan á segunda volta das eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo. García Mateo recibe o 39% dos votos ponderados e Rubio o 33%, mentres que o terceiro candidato, Jacobo Porteiro, quedaría fóra co 27%.
Familias e profesorado maniféstanse en 25 localidades de toda Galicia en defensa do ensino público. Milleiros de persoas participan nunhas convocatorias ás que se sumaron anpas, sindicatos e outras entidades para transmitir "unidade e transversalidade". [Imaxe: BNG A Coruña]
O Ministerio para a Transición Ecolóxica encarga un informe científico sobre o salmón para decidir se o declara en perigo de extinción. Lamprea e anguía son outras das especies en grave retroceso nos ríos galegos, que ecoloxistas e cociñeiros piden deixar de pescar, mentres a Xunta segue permitindo a súa captura.
O Goberno de España concede 100 millóns aos portos da Coruña e de Ferrol para seren centros loxísticos e de fabricación da industria da eólica mariña. O proxecto conxunto Golfo Ártabro Offshore Wind recibe case a metade dos 212 millóns repartidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica para desenvolvementos industriais en peiraos clave.
O xigante chinés SAIC negocia coa Xunta instalar unha fábrica en Ferrol para producir 120.000 coches MG ao ano. O fabricante da marca de coches china máis vendida na UE decántase polo porto exterior ferrolán para a primeira planta destes vehículos en terreo comunitario. Así o anuncia o medio especializado La Tribuna de la Automoción. Na foto, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con directivos de SAIC nunha fábrica de baterías en China.