A plataforma Transfuguismo non, democracia si, maniféstase ante a casa do Concello de Lugo para rexeitar a moción de censura coa que o PP prevé facerse coa alcaldía esta mañá grazas ao voto da tránsfuga ex-socialista María Reigosa. Ao tempo, cargos institucionais e orgánicos dos populares acumúlanse no acceso á casa consistorial para ocuparen o espazo do salón de plenos reservado ao público. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
- 👉 AMPLIAMOS | O PP consuma a obtención da alcaldía de Lugo grazas á tránsfuga
- "Non estou na política por necesidade": a tránsfuga de Lugo confirma que dará a alcaldía ao PP
- O goberno de Lugo apura a presentación de proxectos en marcha ás portas da censura
- Os estatutos do PP tipifican como moi grave "valerse de tránsfugas para cambiar maiorías de goberno"