Un galego, a bordo do cruceiro afectado por un gromo de hantavirus, doenza que se transmite polo contacto con ouriña ou feces de roedores e que xa causou tres falecidos entre a pasaxe do buque. O MV Hondius partiu da Arxentina o pasado marzo e nos últimos días estivo fronte ás costas de Cabo Verde. O Ministerio de Sanidade do Goberno de España confirma que "en tres ou catro días" o barco chegará ás Canarias, atendendo a solicitude da Organización Mundial da Saúde. Na fotografía, imaxe de arquivo do MV Hondius [©Vessel Finder]