Greenpeace e Ecoloxistas en Acción exixen a Altri no Porto que retire o seu proxecto na Ulloa. Activistas das organizacións despregan unha pancarta á entrada da asemblea xeral de accionistas que a empresa celebra este luns na cidade portuguesa.
Greenpeace e Ecoloxistas en Acción exixen a Altri no Porto que retire o seu proxecto na Ulloa. Activistas das organizacións despregan unha pancarta á entrada da asemblea xeral de accionistas que a empresa celebra este luns na cidade portuguesa.
Este 3 de maio é o Día Mundial da Liberdade de Prensa, "piar das democracias" que "non é nin cuestión menor nin nos afecta só aos xornalistas", lembra o Colexio Profesional de Xornalistas. En Praza.gal as informacións son posibles co apoio de socias e socios.
Este 2 de maio é o Día Internacional contra o Acoso Escolar. O pasado curso rexistráronse 91 casos en Galicia, o dobre que en anos anteriores, o que a Xunta atribúe a "máis sensibilización".
O Concello de Lugo inaugura a estatua en homenaxe á falecida alcaldesa Paula Alvarellos. O acto de presentación da obra, elaborada por Miguel Couto, celebrouse este Primeiro de Maio de acordo coa familia da finada política e avogada "por tratarse dunha data moi significativa e especial" e ligada á súa traxectoria no eido do traballo. Queda instalada provisionalmente na Praza Maior ata que sexa trasladada a un espazo definitivo no Parque Rosalía de Castro "por ser o lugar favorito" de Lugo para a rexedora falecida, quen "serviu ata o último momento á cidade, con traballo, compromiso, valentía e tesón” resalta o alcalde, Miguel Fernández. Ao acto, presidido polo rexedor, acudiron familiares e compañeiros de Alvarellos, entre eles os principais dirixentes do PSdeG encabezados por José Ramón Gómez Besteiro [Imaxe: PSdeG]
Falece o filólogo Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953), incansable estudoso da toponimia galega. A Real Academia Galega expresa o seu "fondo pesar" pola morte de quen foi un gran "divulgador dos nomes da nosa terra, en particular daqueles lugares que marcaron a súa traxectoria vital". "Mostra desta paixón son os tres volumes que deixa publicados na colección Terra Nomeada: ‘Toponimia da Estrada’ (2018), ‘Toponimia de Carballo’ (2020), ‘Toponimia de Ribeira’ (2022) e ‘Toponimia de Padrón en Pontecesures’ (2025), explica a institución académica sobre Cabeza Quiles, falecido por mor dun accidente cando circulaba en bicicleta na parroquia carballesa de Ardaña. [Imaxe: © RAG]
A Xunta activa o protocolo tras morrer unha nena en Ourense con posible meninxite e estuda os seus contactos estreitos. Sanidade comproba o "estado vacinal" da súa contorna por se fose necesario completalo.
O acordo comercial entre a UE e o Mercosur entra en vigor este venres de maneira provisional. O tratado entre Europa e a Arxentina, o Uruguai, o Brasil e Paraguai está pendente da resolución xudicial do TXUE e aínda debe ser ratificado pola Eurocámara.
A folga médica contra o estatuto marco provocou no que vai de semana a suspensión de case 24.000 actos médicos no Sergas. O seguimento do paro no sistema sanitario galego foi na mañá deste xoves do 19,6%, alcanzando nos hospitais máis do 26%. Foto: O'Mega.
O Congreso bota abaixo o decreto que permitía a prórroga extraordinaria de alugueiros. Os votos de PP, Vox e Junts derrotaron a medida aprobada polo Consello de Ministros o pasado 20 de marzo. As forzas de esquerda votaron a favor e o PNV abstívose. O Ministerio de Consumo estimou que máis de 130.000 persoas se poderían ter beneficiado en Galicia da prórroga de contratos e prezos.
O seguimento da folga médica contra o estatuto marco sitúase en máis do 23% nos hospitais galegos, segundo cifra o Sergas, que asegura que o paro non foi secundado por case ningún profesional na atención primaria (1,6%). Os hospitais de Vigo, Pontevedra e A Coruña foron os que máis apoiaron a protesta. Foto. O'Mega.