A Xunta activa o protocolo tras morrer unha nena en Ourense con posible meninxite e estuda os seus contactos estreitos. Sanidade comproba o "estado vacinal" da súa contorna por se fose necesario completalo.
A Xunta activa o protocolo tras morrer unha nena en Ourense con posible meninxite e estuda os seus contactos estreitos. Sanidade comproba o "estado vacinal" da súa contorna por se fose necesario completalo.
O acordo comercial entre a UE e o Mercosur entra en vigor este venres de maneira provisional. O tratado entre Europa e a Arxentina, o Uruguai, o Brasil e Paraguai está pendente da resolución xudicial do TXUE e aínda debe ser ratificado pola Eurocámara.
A folga médica contra o estatuto marco provocou no que vai de semana a suspensión de case 24.000 actos médicos no Sergas. O seguimento do paro no sistema sanitario galego foi na mañá deste xoves do 19,6%, alcanzando nos hospitais máis do 26%. Foto: O'Mega.
O Congreso bota abaixo o decreto que permitía a prórroga extraordinaria de alugueiros. Os votos de PP, Vox e Junts derrotaron a medida aprobada polo Consello de Ministros o pasado 20 de marzo. As forzas de esquerda votaron a favor e o PNV abstívose. O Ministerio de Consumo estimou que máis de 130.000 persoas se poderían ter beneficiado en Galicia da prórroga de contratos e prezos.
O seguimento da folga médica contra o estatuto marco sitúase en máis do 23% nos hospitais galegos, segundo cifra o Sergas, que asegura que o paro non foi secundado por case ningún profesional na atención primaria (1,6%). Os hospitais de Vigo, Pontevedra e A Coruña foron os que máis apoiaron a protesta. Foto. O'Mega.
A CIG traslada a Lugo o seu acto central do Primeiro de Maio "en resposta á deriva autoritaria do PP". A central sindical nacionalista coida que os populares "veñen de dar un paso máis nas súas actitudes antidemocráticas asaltando o goberno municipal lucense cunha moción de censura nuns termos inaceptábeis", decisión que liga con outras como a "criminalización das baixas médicas" ou o "férreo control sobre os medios de comunicación públicos". A manifestación central da CIG parte ás 12 da mañá do Edificio Sindical, na Ronda da Muralla. Na imaxe manifestación lucense da Confederación Intersindical Galega o 1 de maio do pasado 2025.
O Estado homenaxea a Dolores Vázquez vinte e cinco anos despois do seu encarceramento inxusto tras ser sinalada como falsa culpable do asasinato da filla da súa ex-parella. A betanceira recibiu do Goberno de España a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade co gallo do Día da Visibilidade Lésbica. No acto evocou o "calvario" que viviu por mor da falsa acusación e agarda que a homenaxe sirva para que máis persoas poidan "entender que era e son inocente". "Non podía nin saír á rúa", lembra unha década despois de que a Xustiza lle denegase, alegando razóns formais, a indemnización que reclamou polos máis de 500 días que pasou na cadea.
O profesorado galego vai mañá á folga por sexta vez este curso para exixir "melloras laborais reais" e a "garantía do seu cumprimento". CIG-Ensino convoca o paro e unha manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago. O sindicato nacionalista cualifica de "anuncio propagandístico" o acordo difundido pola Xunta para reducir o horario do profesorado en Secundaria e adiantar a redución de ratios.
Nova xornada de folga no comercio téxtil e do calzado de Galicia contra o convenio estatal que intenta aprobar a patronal ARTE. CIG e UGT convocan paro en toda Galicia, con mobilizacións en todas as cidades. Na fogo, manifestación na Coruña. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Nordesía Producións celebrou este sábado na Sala Capitol de Santiago o seu 30 aniversario cunha gala, presentada por Carlos Blanco, que homenaxeou o legado de Narf. Uxía, X.M. Budiño, A Pedreira & Alejandro Vargas ou Felisa Segade, entre outras, actuaron nunha noite que festexou as tres décadas de traxectoria da produtora pioneira no panorama cultural galego. O evento, coa banda lisboeta Expresso Transatlântico, serviu como lanzamento oficial da VII Edición do Festival MARÉ, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro.