Calor abafante no sur de Galicia este luns, con temperaturas de máis de 40ºC na beira do Miño en Pontevedra e de entre 35ºC e 40ºC en Valdeorras, Ribeira Sacra, sur e Miño de Ourense, segundo informa Meteogalicia, que advirte de entre 36 e 48 horas máis de condicións extremas ata o descenso notable que se agarda para o mércores.