O Proxecto Xenoma permitiu detectar xa 42 persoas con variantes xenéticas de risco entre as 2.504 mostras analizadas. A metade dos positivos detectados foron por cancro de mama e ovario hereditario.
O Proxecto Xenoma permitiu detectar xa 42 persoas con variantes xenéticas de risco entre as 2.504 mostras analizadas. A metade dos positivos detectados foron por cancro de mama e ovario hereditario.
Retencións de tráfico e ringleiras de coches nas peaxes da AP-9 en dirección á Coruña e Ferrol pola eclipse. Os desprazamentos para ver o fenómeno astronómico nos lugares onde é total provocan unha elevada afluencia nas estradas, en especial no Eixo Atlántico. Na foto, imaxe da DGT na peaxe de Macenda, en Betanzos, contra as 13 horas.
Xoel López e o Deportivo presentan 'Voa', o novo himno do club. O seu vídeoclip pode verse xa desde este martes. "Voa Dépor, voa. Contra o vento, sempre voa", di o retrouso desta peza composta polo músico coruñés e que conta con varias colaboracións, entre elas as de Belém Tajes, Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane, Brais Maceiras, Xacarandaina, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou o Coro Cantabile.
A peza vén de ser estreada como un dos acontecementos pola celebración do 120º aniversario do club branquiazul, que volve este ano a Primeira División logo de oito anos fóra da elite.
Sindicatos e patronal chegan a un acordo de última hora que evita a folga na hostalaría da Coruña durante a eclipse. Un pacto de mínimos para un novo convenio, tras a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, permite desconvocar o paro previsto no sector para este 12 de agosto en toda a provincia convocado por CIG, CCCOO e UGT.
O PSdeG denuncia un ataque á súa sede en Ferrol con pintadas sobre Marrocos. O partido salienta que "máis alá de atacar ao PSOE, agochan un ideario xenófobo e racista".
El País e El Mundo revelan reticencias de Defensa e o CNI á instalación da planta de SAIC en Ferrol polo risco de espionaxe militar. Os dous principais diarios en papel estatais sinalan a proximidade á principal base da Armada no norte da península.
Este luns comezan as patrullas militares contra incendios nos montes galegos. Principian cinco días antes que o ano pasado, cinco días nos que daquela comezaron os principais incendios da vaga, que acabarían queimando 82.000 hectáreas.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
Yolanda Díaz presenta a súa candidatura a liderar a Organización Internacional do Traballo (OIT) e o seu programa, no que defende unha carta de dereitos laborais mínimos para todos os países e "avanzar na democratización" da entidade. "Unha candidatura para preservar o multilateralismo e os valores de Filadelfia que proclaman que o traballo non é unha mercadoría", di.
A primeira predición da Aemet para o día do eclipse en Galicia prevé ceos nubrados ou cubertos no litoral cantábrico e "incerteza" no resto da costa galega. A xornada, segundo esta primeira previsión especial, será sen chuvias e con vento do norte.