O PSdeG denuncia un ataque á súa sede en Ferrol con pintadas sobre Marrocos. O partido salienta que "máis alá de atacar ao PSOE, agochan un ideario xenófobo e racista".
O PSdeG denuncia un ataque á súa sede en Ferrol con pintadas sobre Marrocos. O partido salienta que "máis alá de atacar ao PSOE, agochan un ideario xenófobo e racista".
El País e El Mundo revelan reticencias de Defensa e o CNI á instalación da planta de SAIC en Ferrol polo risco de espionaxe militar. Os dous principais diarios en papel estatais sinalan a proximidade á principal base da Armada no norte da península.
Este luns comezan as patrullas militares contra incendios nos montes galegos. Principian cinco días antes que o ano pasado, cinco días nos que daquela comezaron os principais incendios da vaga, que acabarían queimando 82.000 hectáreas.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
Yolanda Díaz presenta a súa candidatura a liderar a Organización Internacional do Traballo (OIT) e o seu programa, no que defende unha carta de dereitos laborais mínimos para todos os países e "avanzar na democratización" da entidade. "Unha candidatura para preservar o multilateralismo e os valores de Filadelfia que proclaman que o traballo non é unha mercadoría", di.
A primeira predición da Aemet para o día do eclipse en Galicia prevé ceos nubrados ou cubertos no litoral cantábrico e "incerteza" no resto da costa galega. A xornada, segundo esta primeira previsión especial, será sen chuvias e con vento do norte.
O caudal do río Lérez sitúase por baixo do seu límite ecolóxico e Ence deixa de consumir a súa auga temporalmente. O Concello de Pontevedra reclama á Xunta que "priorice o consumo da poboación sobre o da fábrica" e advirte que o caudal medio é inferior aos 0,7 m3/s fronte aos 1,51 m3/s requiridos no verán.
O Ministerio de Sanidade informa dun caso confirmado de Hantavirus Andes [o mesmo que afectou os pasaxeiros do cruceiro MV Hondius] que deu positivo en Francia e agora permanece illado en Galicia. "Viaxou a España xa asintomático e polo tanto xa non podía contaxiar", aclara o ministerio, que detalla que tanto os equipos do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES) como os servizos de Saúde Pública galegos están a realizar "os estudos precisos para determinar que accións tomar". Dende o ministerio explican que se trata dun turista franco-arxentino e aseguran que "temos todos os protocolos e o coñecemento ben actualizado e listo para adaptalo ás circunstancias concretas". [Na imaxe, unha vista do Hantavirus no microscopio CC-BY-SA CDC]
👉🏻HEMEROTECA | Rueda eloxia o Goberno de España pola xestión do hantavirus e da fábrica chinesa de coches
Un axente da Garda Civil nado en Ferrol asasina a súa exparella, tamén garda civil, no seu lugar de traballo en Llanes (Asturias). O ferrolán foi abatido a tiros tras fuxir do cuartel e ferir de gravidade a un tenente que tratou de auxiliar a muller. A vítima estaba rexistrada no sistema VioGén e tiña tres fillos en común co seu asasino. Con este feminicidio son 34 as mulleres asasinadas este ano no Estado español por violencia machista, 1.375 dende que hai rexistros en 2003. [📸 Imaxe de arquivo da manifestación en Santiago en 2025 como reacción ao feminicidio de Moraña © Marcha Mundial das Mulleres Galiza]
Poetas, artistas e investigadoras reúnense arredor da figura de Syra Alonso este sábado, 8 de agosto, no marco da feira do libro da Coruña. Con motivo da publicación das Memorias completas da autora (un volume de máis de 500 páxinas ao coidado do profesor Conrado Arranz), Alvarellos Editora en colaboración coa Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, promove unha homenaxe ás 19 horas na que participarán Olivia Tudela, Beatriz Mourelle, Maruxa Boquete, Carmen Torreiro, Mª Pilar García Negro, Bea Parga, Carmela Galego, Olga Patiño e Eva Veiga, presentadas por Olga Mahía.