Un axente da Garda Civil nado en Ferrol asasina a súa exparella, tamén garda civil, no seu lugar de traballo en Llanes (Asturias). O ferrolán foi abatido a tiros tras fuxir do cuartel e ferir de gravidade a un tenente que tratou de auxiliar a muller. A vítima estaba rexistrada no sistema VioGén e tiña tres fillos en común co seu asasino. Con este feminicidio son 34 as mulleres asasinadas este ano no Estado español por violencia machista, 1.375 dende que hai rexistros en 2003. [📸 Imaxe de arquivo da manifestación en Santiago en 2025 como reacción ao feminicidio de Moraña © Marcha Mundial das Mulleres Galiza]