Catro galegos e galegas obteñen senllos Premios Nacionais de Investigación 2026, os galardóns concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, recibe o Premio Gregorio Marañón, na área de Medicina e Ciencias da Saúde "pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica. Carmen Álvarez Lorenzo, tamén catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais (iMATUS), obtivo o Premio Blas Cabrera na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra. O ourensán José Antonio Sobrino Rodríguez, director da Unidade de Cambio Global da Universitat de València, levou o Premio Alejandro Malaspina, na área de Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais. E Laura Castro Santos, catedrática na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC, foi galardoada co Premio Nacional de Investigación para Mozos e Mozas Ángeles Alvariño na mesma área.