Marrocos cifra en 11 as mortes no seu lado da fronteira que se suman ás 88 rexistradas por España logo dos intentos de cruzamento masivo en Ceuta e Melilla. [Foto: La Moncloa]
Marrocos cifra en 11 as mortes no seu lado da fronteira que se suman ás 88 rexistradas por España logo dos intentos de cruzamento masivo en Ceuta e Melilla. [Foto: La Moncloa]
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
Pedro Sánchez advirte dun "ataque" e "violación da integridade territorial" do Estado coa entrada de milleiros de persoas a Ceuta dende Marrocos. Dende a cidade norteafricana o presidente do Goberno de España anuncia máis presenza das forzas de seguridade e unha "barreira física de contención no mar para facilitar a repatriación en fronteira". Nas redes sociais, sinaladamente en X, medran as mensaxes de elementos internacionais, especialmente ligados aos EUA, con ataques ao Executivo español ao respecto mentres se confirman máis dunha trintena de persoas mortas nestes sucesos. [Imaxe: © Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa]
Nova crise migratoria en Ceuta marcada por unha sentenza do Supremo en plena presión xeopolítica ao Goberno de España. O ditame do alto tribunal que impide as devolucións en quente de persoas migrantes chegadas a territorio do Estado por mar combínase cos movementos do goberno marroquí tras o novo achegamento do Executivo español a Alxeria nun episodio que xa implica a despregadura do Exército mentres os EUA atacan politicamente o gabinete de Pedro Sánchez.
Catro galegos e galegas obteñen senllos Premios Nacionais de Investigación 2026, os galardóns concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, recibe o Premio Gregorio Marañón, na área de Medicina e Ciencias da Saúde "pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica. Carmen Álvarez Lorenzo, tamén catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais (iMATUS), obtivo o Premio Blas Cabrera na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra. O ourensán José Antonio Sobrino Rodríguez, director da Unidade de Cambio Global da Universitat de València, levou o Premio Alejandro Malaspina, na área de Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais. E Laura Castro Santos, catedrática na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da UDC, foi galardoada co Premio Nacional de Investigación para Mozos e Mozas Ángeles Alvariño na mesma área.
Xunta e universidades públicas anuncian un acordo sobre o novo deseño da selectividade. A reitora da USC, Rosa Crujeiras, coida que tras as achegas das tres institucións o sistema da PAU queda "máis robusto" e a participación universitaria segue a ser "moi activa" a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) que, salienta o reitor da Coruña, Ricardo Cao, mantén "un papel central, como vén tendo e debe seguir tendo", logrando unha "orde máis acaída" que a proposta inicial do Goberno. Carmen García Mateo, reitora da UVigo, coida que a nova proposta "robustece un sistema que ten demostrado a súa solvencia durante moitos anos", con "equilibrio entre garantir que os exames están cunha custodia de altas garantías e non teñan erros". Na imaxe, xuntanza deste xoves entre a Consellería e as universidades.
A Xunta abre dilixencias contra o bar de Arteixo que fai apoloxía franquista. Arteixo Futuro, entidade denunciante, anuncia que a Axencia de Turismo de Galicia determinará agora posibles sancións contra o establecemento que loce desde hai anos lemas e símbolos fascistas. Ademais, advirte de que iniciará "novas iniciativas en defensa da dignidade das vítimas da ditadura". .
Detido un mozo en Aguiño (Ribeira) acusado de matar a seu pai de dous disparos. O falecido tiña 47 anos e foi asistido polos servizos médicos pero faleceu en Urxencias do Hospital do Barbanza.
Vigo inicia a montaxe das luces do Nadal. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anuncia "máis de 12 millóns de luces LED e 500 rúas iluminadas" no acto que deu comezo á preparación da instalación de toda a ornamentación, a cinco meses das festas.
Folga na hostalaría da Coruña o día do eclipse. CIG, CCOO e UGT anuncian un paro para o vindeiro 12 de agosto en toda a provincia que afecta bares, restaurantes, hoteis, pubs e cámpings. As centrais advirten de que levan ano e medio intentando renovar o convenio colectivo e denuncian condicións de "semiescravitude" nalgúns establecementos e que a patronal só propon eliminar o complemento de baixa.