Vigo inicia a montaxe das luces do Nadal. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anuncia "máis de 12 millóns de luces LED e 500 rúas iluminadas" no acto que deu comezo á preparación da instalación de toda a ornamentación, a cinco meses das festas.
Vigo inicia a montaxe das luces do Nadal. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anuncia "máis de 12 millóns de luces LED e 500 rúas iluminadas" no acto que deu comezo á preparación da instalación de toda a ornamentación, a cinco meses das festas.
Folga na hostalaría da Coruña o día do eclipse. CIG, CCOO e UGT anuncian un paro para o vindeiro 12 de agosto en toda a provincia que afecta bares, restaurantes, hoteis, pubs e cámpings. As centrais advirten de que levan ano e medio intentando renovar o convenio colectivo e denuncian condicións de "semiescravitude" nalgúns establecementos e que a patronal só propon eliminar o complemento de baixa.
Feijóo intercambia eloxios co fujimorismo pola toma de posesión da nova presidenta do Perú, Keiko Fujimori. O ex-presidente e actual líder estatal do PP acudiu aos actos oficiais do acceso ao poder da filla e herdeira política do réxime de Alberto Fujimori, falecido en 2024 e autor de diversos delitos de corrupción e crimes contra a humanidade polos que cumpriu case dúas décadas de cadea. Tamén participou nun encontro empresarial canda ela con, entre outros, a ex-ministra e ex-presidenta do Congreso Ana Pastor, actualmente directiva nunha empresa sanitaria privada. O popular aproveitou tamén a viaxe para xuntarse con outros líderes da dereita e da extrema dereita latinoamericana, coma o chileno José Antonio Kast.[Imaxe: © David Mudarra / PP]
Santiago xa é zona de mercado residencial tensionado. O BOE publica a declaración que permite de agora en diante ao Concello compostelán aplicar medidas para frear o incremento dos prezos dos alugueiros, culminando así o proceso que a Xunta aceptou o pasado abril tras frear a primeira solicitude do goberno municipal en 2025. É a segunda destas declaracións en Galicia tras a da Coruña, vixente dende mediados de 2025.
Zaragoza albergará a Axencia Estatal de Saúde Pública á que aspiraba Lugo. Pedro Sánchez confirma, no seu balance do 'curso político', que a proposta aragonesa foi a gañadora dun proceso no que tamén concorrían Barcelona, Toledo, Granada, Murcia, León e Oviedo. A candidatura galega principiara co goberno municipal lucense previo á moción de censura, foi herdada polo actual gabinete municipal e recibiu diversos apoios, entre eles da Xunta e do Parlamento. Na imaxe, detalle do edificio do Pazo de Feiras e Congresos lucense, que a cidade propuña para acoller a AESAP. [CC BY-SA RodrigoRega]
Catro dos cinco edís do goberno do PSdeG en Carballeda de Avia desmárcanse da posible fusión con Ribadavia que o alcalde, o tamén socialista Luis Milla, admitiu explorar canda o seu homólogo ribadaviense, o popular César Fernández. Nun comunicado conxunto Noemí Alonso, Daniel González Javier Rodríguez e Jesús Alonso aseguran non "compartir" que "a desaparición do noso concello mediante unha fusión sexa a mellor resposta" para os "desafíos" pola perda e envellecemento da poboación e piden "explorar outras fórmulas" para "compartir servizos" ou "mellorar a xestión". "Rexeitamos este proxecto de fusión e non apoiaremos a súa aprobación", advirten.
Morre a balea varada na praia de Sabón, en Arteixo. Salvamento Marítimo, servizos de emerxencias ou o Cemma traballaron desde esta mañá para devolver ao mar un animal de entre dez e doce metros. Unha vez mar adentro, o cetáceo afundiu e expertos de Cemma cren que puido ser atopado xa sen vida a primeiras horas do día.
Alerta amarela por unha nova vaga de calor no litoral pontevedrés e en boa parte do interior de Ourense e do sur de Lugo. A Aemet advirte de risco importante por altas temperaturas na comarca do Ribeiro e na área da capital ourensá, con temperaturas que roldan os 40 graos.
A Unesco debate a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade no medio dunha gran división que obrigou a adiar a votación definitiva. A sesión do Comité de Patrimonio Mundial celébrase en Busan (Corea do Sur).
A Xunta activa alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e amarela no noroeste da Coruña. Meteogalicia informa que a partir deste domingo as altas presións localizáranse ao norte da península ibérica, achegando unha masa de aire cálido procedente do norte de África. Isto fará que as temperaturas vaian ascendendo, sendo especialmente altas entre luns e mércores. Así mesmo, infórmase que a Secretaria Xeral para o Deporte suspende a actividade deportiva federada no exterior, das 12 ás 20 horas, na zona interior de Pontevedra. Os municipios afectados son: Agolada, Campo Lameiro, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.