A Unesco debate a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade no medio dunha gran división que obrigou a adiar a votación definitiva. A sesión do Comité de Patrimonio Mundial celébrase en Busan (Corea do Sur).
A Unesco debate a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade no medio dunha gran división que obrigou a adiar a votación definitiva. A sesión do Comité de Patrimonio Mundial celébrase en Busan (Corea do Sur).
A Xunta activa alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e amarela no noroeste da Coruña. Meteogalicia informa que a partir deste domingo as altas presións localizáranse ao norte da península ibérica, achegando unha masa de aire cálido procedente do norte de África. Isto fará que as temperaturas vaian ascendendo, sendo especialmente altas entre luns e mércores. Así mesmo, infórmase que a Secretaria Xeral para o Deporte suspende a actividade deportiva federada no exterior, das 12 ás 20 horas, na zona interior de Pontevedra. Os municipios afectados son: Agolada, Campo Lameiro, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.
Os incendios protagonizan a Ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago este 25 de xullo. Tanto o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, que exerceu como delegado rexio, como o arcebispo de Santiago, Frascisco Prieto, tiveron presentes ás persoas afectadas polos incendios das últimas semanas durante as súas intervencións na tradicional misa de ofrenda ao Apóstolo celebrada este sábado.
Hoxe é o Día Nacional de Galicia e a portada de Praza está en galego. E todas as informacións.
👅 ✅ Mañá? Tamén, claro
🤗 Faite de Praza dende 5€/mes
🔗 https://praza.gal/faitedepraza
↪️ Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
Rueda defende as "identidades mestizas" na entrega das Medallas de Galicia a catro mulleres representantes da emigración galega: Claudia Álvarez, Carla Angola, Camila Fernández e Beatriz Gil. O presidente di que "igual que hai galegos de Düsseldorf" tamén hai "peruanos de Lugo que viven con dúas almas. Rueda tamén defende o "sentidiño" galego "nun concerto internacional tan marcado por bravuconadas".
O TSXG anula tres artigos da Ordenanza de Mobilidade Sostible da Coruña por "discriminar os VTC fronte ao taxi". En resposta a unha demanda da empresa Enol Mobility contra o Concello e unha asociación de taxistas, o alto tribunal galego considera que as normas implican "un monopolio de facto a favor do taxi" o cal "conculca a libre competencia" que marca a lei. Frea así a "prohibición total e indefinida de arrendamento de vehículos con condutor ata a aprobación dunha ordenanza específica futura" e, entre outros, o veto a operaren na zona de baixas emisións da cidade. Contra o ditame cabe recurso ante o Supremo.
O PP acusa o BNG de non querer eólicos en Baiona logo de que fose a Xunta quen invalidou todos os proxectos analizados ata agora polo seu impacto ambiental. Os populares obvian que na veciña Oia o goberno local do PP tamén rexeitou eses eólicos.
A AGAL presenta o novo Topogal, a aplicación informática para "consultar todos os nomes de lugar de Galiza e Portugal". "Permitirá xeolocalizar nun mapa cada unha das formas toponímicas de Galiza e Portugal, desde as grandes rexións até os pequenos microtopónimos", explican nun contexto no que, detalla o secretario da Comisión Lingüística da Associaçom Galega da Língua, Eduardo Maragoto, o programa inclúe "unha reforma da proposta toponímica anterior da asociación relativa ao uso do artigo e á segmentación dos topónimos" dentro da vontade xeral de "crear recursos para axudar a todas as persoas que usan o galego internacional", sinala o presidente da entidade, Jon Amil.
PSdeG e BNG de Lugo acusan a Candia de negarse a revelar "o custo da construción do novo despacho habilitado para a concelleira tránsfuga", a ex-socialista María Reigosa, que o pasado maio deu aos populares a alcaldía da cidade co seu apoio á moción de censura. Nun comunicado conxunto socialistas e nacionalistas denuncian o que consideran "trato denigrante, absoluta falta de respecto e deriva autoritaria" por parte da agora alcaldesa e membros do seu goberno durante dúas comisións municipais nas que formularon preguntas coma estas. "Foi incapaz de indicar o importe desta actuación, así como de aclarar se os traballos foron executados mediante medios propios do Concello ou mediante contratación externa", aseguran sobre a devandita obra.
Leyma lanza unha campaña reivindicando o mandilón "das avoas" como "un dos símbolos máis emocionais da cultura popular galega". A iniciativa, que busca celebrar conxuntamente o Día Nacional de Galicia (25 de xullo) e o día dos avós e avoas (26 de xullo), pendurou na Rúa da Raíña de Lugo ducias de prendas con mensaxes como "Mandilón que te criou", "E ti, de que mandilón saíches?" ou "Avoa 100% galega", enlazando así coa etiqueta de Leite 100% galego da marca pertencente ao Grupo Lence.