O PP acusa o BNG de non querer eólicos en Baiona logo de que fose a Xunta quen invalidou todos os proxectos analizados ata agora polo seu impacto ambiental. Os populares obvian que na veciña Oia o goberno local do PP tamén rexeitou eses eólicos.
O PP acusa o BNG de non querer eólicos en Baiona logo de que fose a Xunta quen invalidou todos os proxectos analizados ata agora polo seu impacto ambiental. Os populares obvian que na veciña Oia o goberno local do PP tamén rexeitou eses eólicos.
A AGAL presenta o novo Topogal, a aplicación informática para "consultar todos os nomes de lugar de Galiza e Portugal". "Permitirá xeolocalizar nun mapa cada unha das formas toponímicas de Galiza e Portugal, desde as grandes rexións até os pequenos microtopónimos", explican nun contexto no que, detalla o secretario da Comisión Lingüística da Associaçom Galega da Língua, Eduardo Maragoto, o programa inclúe "unha reforma da proposta toponímica anterior da asociación relativa ao uso do artigo e á segmentación dos topónimos" dentro da vontade xeral de "crear recursos para axudar a todas as persoas que usan o galego internacional", sinala o presidente da entidade, Jon Amil.
PSdeG e BNG de Lugo acusan a Candia de negarse a revelar "o custo da construción do novo despacho habilitado para a concelleira tránsfuga", a ex-socialista María Reigosa, que o pasado maio deu aos populares a alcaldía da cidade co seu apoio á moción de censura. Nun comunicado conxunto socialistas e nacionalistas denuncian o que consideran "trato denigrante, absoluta falta de respecto e deriva autoritaria" por parte da agora alcaldesa e membros do seu goberno durante dúas comisións municipais nas que formularon preguntas coma estas. "Foi incapaz de indicar o importe desta actuación, así como de aclarar se os traballos foron executados mediante medios propios do Concello ou mediante contratación externa", aseguran sobre a devandita obra.
Leyma lanza unha campaña reivindicando o mandilón "das avoas" como "un dos símbolos máis emocionais da cultura popular galega". A iniciativa, que busca celebrar conxuntamente o Día Nacional de Galicia (25 de xullo) e o día dos avós e avoas (26 de xullo), pendurou na Rúa da Raíña de Lugo ducias de prendas con mensaxes como "Mandilón que te criou", "E ti, de que mandilón saíches?" ou "Avoa 100% galega", enlazando así coa etiqueta de Leite 100% galego da marca pertencente ao Grupo Lence.
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia entrega o seu Premio de Honra a Paula Carballeira e o Premio Abrente de Textos Teatrais 2026 a Alberto Ramos. A Carballeira recoñécenlle a súa "traxectoria artística e á súa valiosa contribución á escena galega" e a Ramos a calidade do seu texto 'Por unanimidade'.
Achado un proxectil de artillería de 62 milímetros coa espoleta activada na parroquia compostelá de San Xoán de Fecha. A Policía Nacional, que realizou a súa "detonación controlada" a pasada noite, "non descarta que puidese corresponder á guerra civil española" -isto é, a ataques posteriores ao golpe do 36 na cidade- un artefacto achado por persoal que "se atopaba efectuando labores de roza na zona". Antes de estoupalo os Tedax inspeccionaron a contorna e atoparon tamén "un tramo de cordón detonante e varios metros de mecha lenta" que agora van analizar nos laboratorios, informan.
O Goberno de España asume o mando nos incendios que atinxen a Madrid e Ávila tras renunciar o Executivo madrileño a seguir exercéndoo mediante a figura da "situación operativa 3 de interese nacional". A "dirección operativa da emerxencia" nos grandes fogos destas provincias corresponde agora á Unidade Militar de Emerxencias [Imaxe: © Ministerio de Defensa]
Zapatero: "Non me corrompín, sempre respectei a legalidade". Na primeira entrevista que concede tras as súas imputacións xudiciais, en Televisión Española, o ex-presidente socialista considera unha "invención" as acusacións dos empresarios que, tras mudaren de estratexia procesual, aseguran que interveu para que o Estado concedese un crédito á aeroliña Plus Ultra. Imaxe da emisión ao vivo de RTVE.
A conselleira de Política Social non vai á reunión co Estado sobre menores migrantes tras viaxar a Madrid para asistir. Tras sumarse ao plantón do resto de gobernos autonómicos do PP, Fabiola García esgrime ante a sede do Ministerio de Inclusión que "Galicia sempre participou en todas as conferencias sectoriais pero hoxe non podemos asistir a un novo paripé" porque o Goberno de España "nos vén de negar todo tipo de información sobre a celebración desta conferencia sectorial". "Lle pedimos que respecte as comunidades autónomas e unha política migratoria consensuada", di a conselleira, que incluíu a asistencia a esta xuntanza na súa axenda oficial deste xoves. A ministra de Inclusión, Elma Saiz, lamenta a "espantada" dun PP que "deixou de ser un partido de Estado para ser un partido antisistema". Na imaxe, García e o director xeral de Infancia, Jacobo Rey, nunha imaxe de arquivo.
Activistas galegas e portuguesas ocupan a mina de San Juan na Gudiña, en denuncia da "prórroga ilegal concedida pola Xunta" a unha mina de volframio con "inminentes impactos transfronteirizos". Durante a ocupación despregouse unha enorme faixa de 40 metros de lonxitude esixindo "a fin da impunidade mineira". A mina proxectada sitúase a apenas dous quilómetros da fronteira portuguesa, moi próxima ao Parque Natural de Montesinho e ás cabeceiras do río Rabaçal,