Leyma lanza unha campaña reivindicando o mandilón "das avoas" como "un dos símbolos máis emocionais da cultura popular galega". A iniciativa, que busca celebrar conxuntamente o Día Nacional de Galicia (25 de xullo) e o día dos avós e avoas (26 de xullo), pendurou na Rúa da Raíña de Lugo ducias de prendas con mensaxes como "Mandilón que te criou", "E ti, de que mandilón saíches?" ou "Avoa 100% galega", enlazando así coa etiqueta de Leite 100% galego da marca pertencente ao Grupo Lence.