Inditex financiará a apertura de rutas aéreas da Coruña a Londres, Istambul, Lisboa e París. A multinacional téxtil asina un convenio co Consorcio de Turismo polo que achegará 1,5 millons de euros en ano e medio para a "promoción turística da cidade", segundo indica o Concello. A maior parte deses cartos irán destinados a reforzar a conectividade aérea de Alvedro.