O Ministerio de Cultura incorpórase ao padroado da Fundación Rosalía de Castro. No órgano de dirección da entidade que vela polo legado de Rosalía, presidido por Anxo Angueira, figuran xa institucións galegas como a Xunta, a Deputación da Coruña, o Consello da Cultura e a RAG, así coma os concellos de Santiago e Padrón e as tres universidades públicas, entre outras. A incorporación do Ministerio ao padroado concrétase un ano despois de que o seu titular, Ernest Urtasun, avanzase nunha visita á Casa-Museo -na imaxe- o apoio do Goberno de España á rehabilitación dun dos seus edificios. [Imaxe: © Fundación Rosalía de Castro]