Ángel Mato gaña as primarias do PSdeG en Ferrol e volverá ser candidato á alcaldía. O ex-alcalde e actual voceiro municipal impúxose na votación á ex-concelleira Eva Martínez Montero por 163 fronte a 142 votos e unha participación próxima ao 85%, segundo informa a Comisión Nacional de Ética dos socialistas galegos. Ferrol foi a única localidade galega na que a militancia socialista tivo que votar, ao haber nas demais cidades e vilas atinxidas polo proceso de primarias -concellos con máis de 20.000 habitantes sen alcaldía socialista- polocadansúa única candidatura. No caso das sete principais cidades estas candidaturas únense ás dos aspirantes á reelección en Vigo e na Coruña, Abel Caballero e Inés Rey.