O Ministerio de Traballo dá luz verde ao novo convenio estatal do téxtil logo de ser corrixido. O texto fora emendado por facilitar os contratos temporais e de substitución, entre outras eivas. O novo marco laboral, rexeitado masivamente en Galicia, onde non conta co apoio de CIG nin UGT, afecta unhas 35.000 persoas no país. Foto: CC-BY-NC-SA CIG.