Un incendio en Boborás arrasa o castro de Xurenzás tras queimar unhas 20 hectáreas. O fogo, controlado desde esta mañá, iniciouse no mediodía do pasado xoves provocado, segundo parece, polos traballos de roza dun tractor. Imaxe: Brif Laza.
Un incendio en Boborás arrasa o castro de Xurenzás tras queimar unhas 20 hectáreas. O fogo, controlado desde esta mañá, iniciouse no mediodía do pasado xoves provocado, segundo parece, polos traballos de roza dun tractor. Imaxe: Brif Laza.
Os concellos de Ribadavia e Carballeda de Avia inician negociacións para unha fusión municipal. Os alcaldes das dúas localidades confirman as conversas para conformar un único concello duns 6.000 habitantes, segundo conta La Región. Sería a terceira fusión en Galicia tras as de Oza Cesuras e Cerdedo Cotobade. Foto: CC-BY-SA Luis Miguel Bugallo Sánchez
O Tribunal da UE avala a lei de Amnistía. Considera que a normativa non bate cos intereses financeiras da UE nin é contraria á directiva en materia de terrorismo. A sentenza non concede directamente a amnistía ás persoas afectadas pero si fixa unha interpretación do dereito europeo obrigatoria para os tribunais españois. O Tribunal de Cuentas e a Audiencia Nacional deberán reiniciar os procesos suspendidos e ditar as súas resolucións respectado o criterio de Luxemburgo. Foto: Junts per Catalunya.
Extinguido o incendio que ardía dende o sábado en Ribas de Sil e que atinxiu a 190 hectáreas. Segundo Medio Rural, a extinción finalizou pasadas as 11 da pasada noite nun foco que, segundo transcendeu, tivo a súa orixe nun raio. Dende ese día a Xunta deu conta unicamente deste incendio e máis do que afectou a Vimianzo e Laxe, sen ofrecer datos dos demais que aconteceron en aplicación das restricións informativas que vén aplicando dende o verán de 2009. Na imaxe, traballos de extinción en Ribas de Sil [Brif Tabuyo]
A Liga ACB ratifica en asemblea a admisión do Obradoiro e do Básquet Coruña tras cadanseus ascensos. Fica así certificado que na temporada 26-27 Galicia volverá vivir tres décadas despois o fito de contar con tres equipos na máxima categoría do baloncesto masculino, onde os conxuntos compostelán e coruñés acompañarán o Breogán. Tamén na Liga Feminina serán tres as representacións galegas ao unirse o Celta ao Ensino e o Uni Ferrol. [Imaxe: © ACB]
O Congreso aproba a lei que obriga o Estado a achegar o 50% do gasto en atención á dependencia e convalida o Real Decreto que duplica as achegas á Xunta para atender as persoas atinxidas por esta norma. Ambas normas saíron adiante cos únicos votos en contra de Vox, se ben na reforma das leis de dependencia e discapacidade -que agora continúa trámite no Senado- o PP abstívose. Na imaxe, o ministro de Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy, defendendo as reformas durante o pleno. [© Congreso]
A Xunta presenta este mércores a proposta de novo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. O coordinador dos grupos de traballo que o elaboraron, Manuel González, entregou este martes o documento ao conselleiro de Cultura, José López Campos, e ao secretario xeral da Lingua, Valentín García. Cultura pon o foco en que é resultado do traballo de "máis de 130 profesionais de recoñecido prestixio" e "máis de 1.400 achegas de entidades, institucións, asociacións e particulares". O máis destacado, hoxe en Praza.gal. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
Extinguido o incendio que afectaba dende o pasado sábado a Laxe e Vimianzo cun balance final de 228,58 hectáreas ardidas, segundo Medio Rural. En Ribas de Sil o monte segue a arder, co incendio "estabilizado" nunhas 180 hectáreas. Na imaxe, o incendio da Costa da Morte agora extinguido, na noite do pasado sábado [© @LumesGal]
Condenado David Sánchez, irmán do presidente do Goberno de España, a nove anos de inhabilitación por prevaricación. A Audiencia de Badajoz imponlle a mesma pena ao ex-líder do PSOE estremeño, Miguel Ángel Gallardo, e aos outro nove acusados polo mesmo delito. Na imaxe, sede da Diputación de Badajoz, onde foi contratado o irmán de Pedro Sánchez. Foto: CC-BY-SA Adolfobrigido.
Vox esixe implantar na Comunitat Valenciana un control previo de "neutralidade ideolóxica" nas actividades dos centros de ensino ao xeito da que xa rexe en Galicia. A formación de extrema dereita inclúeo entre as súas esixencias para apoiar os Orzamentos do Goberno do PP nesa autonomía, segundo adianta elDiario.es