O Congreso aproba a lei que obriga o Estado a achegar o 50% do gasto en atención á dependencia e convalida o Real Decreto que duplica as achegas á Xunta para atender as persoas atinxidas por esta norma. Ambas normas saíron adiante cos únicos votos en contra de Vox, se ben na reforma das leis de dependencia e discapacidade -que agora continúa trámite no Senado- o PP abstívose. Na imaxe, o ministro de Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy, defendendo as reformas durante o pleno. [© Congreso]