Familia Caamagno, Agoraphobia, Ángel Stanich, Apolo 18, Bala, Zënzar ou Ruxe Ruxe completan o cartel do Festival Noroeste da Coruña, que presentou este luns a listaxe completa de bandas que actuarán na Coruña entre o 5 e o 8 de agosto.
Familia Caamagno, Agoraphobia, Ángel Stanich, Apolo 18, Bala, Zënzar ou Ruxe Ruxe completan o cartel do Festival Noroeste da Coruña, que presentou este luns a listaxe completa de bandas que actuarán na Coruña entre o 5 e o 8 de agosto.
O artigo no que Mariano Rajoy asegura que a selección francesa de fútbol xoga "sen franceses" suscitan múltiplas acusacións de racismo en Francia sobre unha afirmación que o Goberno dese país considera "absolutamente inaceptable". "Todos os xogadores da selección francesa son franceses", subliña a embaixada francesa en España. Pedro Sánchez afea as "declaracións xenófobas" e di agardar que na semifinal do Mundial que enfronta o combinado galo coa selección española "gañe o mellor e perda o racismo". [Imaxe: © PP]
Amplas áreas de Galicia volven sufrir este sábado temperaturas moi elevadas, cunha máxima de 41,6 en Ourense. MeteoGalicia advirte da formación de treboadas contra o serán e a noite e a Xunta "dá por finalizada a alerta" pola calor mañá, domingo. Sanidade especifica que "nos vindeiros días entrará aire atlántico, máis fresco e húmido, o que fará que as temperaturas suavicen notablemente".
O BNG proponse unha "ofensiva competencial" que teña como "primeiro reto acadar todas as transferencias pendentes no Estatuto de 1981, as aprobadas polo Parlamento galego e as que xa teñen as outras dúas nacións históricas". No marco dunha xornada coa Fundación Galiza Sempre sobre "un novo status político" para o país, Ana Pontón sitala como "tarefa de país imprescindible" o "avance en autogoberno real" mentres o PP, lamenta, "tras non lograr máis ca unha competencia en 17 anos", agora "dá un paso máis boicoteando o autogoberno" en traspasos coma o da AP-9.
Feijóo reafírmase nas súas posturas da última semana sobre as baixas laborais, o voto exterior ou a consideración legal dos "concibidos non nacidos": "Se hai críticas dáme igual porque estou aquí para dar debates valentes", gabouse no congreso das Nuevas Generaciones do partido.
O Concello de Vigo prohibe a pantalla xigante que a deputación de Pontevedra instalara na praza da Estrela para ver o España-Bélxica do Mundial. A entidade provincial acusa o alcalde Abel Caballero de "sectarismo". O Concello asegura que o espectáculo "carece de autorización municipal e non se poderá levar a cabo mentres non dean cumprimento aos requisitos previstos na lexislación vixente".
A Xunta declara a caducidade definitiva do proxecto de Altri para instalarse en Palas de Rei. A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, confirma que as alegacións presentadas pola compañía non foron "consideradas suficientes para continuar co expediente" e por iso "vimos de resolver de xeito definitivo e firme o arquivo", contra o que a empresa xa non ten marxe administrativa alén dun último recurso de reposición, a partir do cal para tentar reverter a decisión tería que acudir aos tribunais. [Imaxe: Praza.gal]
O Adif remata o arranxo da conexión eléctrica no Irixo cuxa avaría causou importantes demoras en todos os trens que empregan a liña de alta velocidade Ourense-Santiago dende o mércores. A incidencia na catenaria está "solucionada" e a circulación "tende a normalizarse", indica o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias. Na imaxe, trens AVE e Alvia na estación de Ourense [CC BY-NC-SA Praza.gal]
Cando menos 11 persoas morren nun incendio forestal en Andalucía. Segundo informa o Goberno andaluz, as vítimas foron achadas no interior dos seus vehículos na contorna do lume, que atinxe a Los Gallardos, en Almería. [Imaxe: Junta de Andalucía]
O PP aproba no Senado modificacións na lei do traspaso da AP-9, que volve ao Congreso, onde será aprobada definitivamente co texto pactado por PSOE, BNG e Sumar. Os populares aseguran que as súas mudanzas "recuperan a proposta orixinal do acordo unánime do Parlamento" para evitar que a Xunta asuma riscos económicos. O PSOE defende o texto que acabará saíndo adiante e advirte de que "o que non poden soportar" no PP é que, coa lei do traspaso "finaliza o relato avariado e trampulleiro" co que "levan 25 anos enganando". O BNG, pola súa banda, mantén que o texto que será aprobado definitivamente na Cámara Baixa dá supón "plenas competencias e blindaxe económica para a Xunta". Na imaxe, José Manuel Barreiro (PP), César Mogo (PSOE) e Carme da Silva (BNG), durante o debate no Senado [PP/PSOE/BNG]