A Xunta declara a caducidade definitiva do proxecto de Altri para instalarse en Palas de Rei. A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, confirma que as alegacións presentadas pola compañía non foron "consideradas suficientes para continuar co expediente" e por iso "vimos de resolver de xeito definitivo e firme o arquivo", contra o que a empresa xa non ten marxe administrativa alén dun último recurso de reposición, a partir do cal para tentar reverter a decisión tería que acudir aos tribunais. [Imaxe: Praza.gal]
- AMPLIAMOS 👉 Altri non: o arquivo do plan para instalarse en Palas vira definitivo
- Altri alega contra o arquivo do seu proxecto porque a subestación eléctrica "non é imprescindible"
- HEMEROTECA | Altri e Pemex: o fracaso dos dous grandes proxectos industriais apadriñados por Feijóo
- HEMEROTECA | Finalmente, Altri non