Feijóo afonda na campaña do PP contra o persoal de baixa laboral. O ex-presidente defende nun encontro con empresariado vasco recortar salario a persoas en situación de incapacidade temporal que actualmente teñan cubertas as súas remuneracións ao 100% grazas ao seu convenio de empresa e, na liña da Xunta, inclúe as baixas no marco xeral dun "absentismo" que descualifica como "cancro". O líder popular esgrime, asemade, a súa experiencia aplicando recortes neste eido, como os aprobados polo seu Executivo en Galicia durante a gran recesión. [Imaxe: © PP]
- HEMEROTECA | Sintonía patronal coa campaña da Xunta contra o persoal de baixa
- HEMEROTECA | O plan contra as baixas segue: o novo protocolo da Xunta con máis poder para as mutuas xa é oficial
- HEMEROTECA | O Sergas recorta o soldo de médicos de familia con pacientes coas baixas laborais máis longas
- HEMEROTECA (2012) | O persoal da Xunta xa sofre o recorte nas baixas por enfermidade