O TSXG rexeita o recurso da patronal dos pisos turísticos contra a reforma do Plan Xeral de Santiago que limitou estes negocios. A voceira do Goberno local, Míriam Louzao, subliña que "a entidade recorrente", Aviturga, "fundamentaba o seu recurso na falta de informes da Dirección Xeral de Aviación Civil e da delegación do Goberno, así como na ausencia de motivación para definir a actividade de vivenda de uso turístico como actividade de hospedaxe". "A Sala rexeitou todos estes argumentos" por non ser "preceptivos" os devanditos informes e "concluíu que a correspondendencia das vivendas de uso turístico ao uso de hospedade é adecuada e de acordo coa normativa".
- HEMEROTECA | O rexistro de pisos turísticos da Xunta mantén máis de 600 en Santiago sen licenza municipal
- HEMEROTECA | Sen 'indulto' aos centos de pisos turísticos irregulares en Santiago: "É unha aposta polo interese xeral"
- HEMEROTECA | Santiago avanza na limitación dos pisos turísticos para "evitar a desaparición" da vivenda habitual