Feijóo mestura agora a regularización de migrantes e a concesión da nacionalidade a descendentes de exiliados para acusar a Pedro Sánchez de "enxeñaría social" sen "obxectivos inocentes" e mais de "alterar o censo" electoral sen achegar proba de ningunha das afirmacións. O ex-presidente e actual líder estatal do PP afírmao ao tempo que considera "irresponsable impulsar cambios sociais sen planificación". Na imaxe, o acto na Comunitat Valenciana onde lanzou as acusacións [©PP]