MeteoGalicia confirma un "respiro" na calor entre hoxe e mañá na costa e zonas próximas, especialmente nas contornas da Coruña, Ferrol e A Mariña. En amplas áreas do interior, non obstante, o descenso térmico será só "lixeiro" e "seguirá a calor intensa, con temperaturas por riba dos 35 graos", advirte. [Mapa: MeteoGalicia]