A cidade de Ourense supera os 42 graos por segundo día consecutivo e marca a temperatura máxima en toda Galicia con 42,5 graos. Outras localidades do val do Miño en Ourense e do sur de Pontevedra superaron igualmente os 40 graos, mentres que áreas das comarcas de Santiago, Ferrolterra e do centro de Lugo achegáronse a ese valor. Este luns a Xunta mantén a alerta vermella por calor en 46 concellos do centro de Lugo e montaña de Ourense.