Dolores Vilavedra toma posesión como nova presidenta do Consello da Cultura Galega. "Inicio esta tarefa coa meta de que en Galicia se dean as mellores condicións para o desenvolvemento dunhas prácticas culturais que reforcen a democracia, que combatan as desigualdades e que nos axuden a pensar novas formas de vida", sinala, nun contexto no que resume as claves do seu mandato como "compromiso coa lingua, os dereitos culturais e o coñecemento". Tras a súa elección, Vilavedra concedeu unha entrevista a Praza.gal na que debullou o seu proxecto para o organismo estatutario. Na imaxe, durante o acto de toma de posesión xunto ao presidente da Xunta e a súa antecesora no cargo, Rosario Álvarez. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
- ENTREVISTA | Dolores Vilavedra: "Temos que afortalar o diálogo coas culturas catalá e vasca en previsión dos tempos que veñen"