Rueda asegura que a actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua se "presentará en moi poucos días e, dende logo, neste mes de xullo". Preguntado ao respecto tras o Consello da Xunta, o presidente considera "testemuñal" o atraso na presentación do "pacto pola lingua", que anunciara para o primeiro semestre do ano. "Algúns dos que están metendo máis présa son aqueles que dende o principio non quixeron estar na elaboración deste pacto", asegura ao ser cuestionado polas causas. Na imaxe, Rueda na mañá deste luns durante o Consello [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]