O BNG insta a que a TVG adquira os dereitos para emitir os partidos dos seis equipos galegos de baloncesto que militarán nas máximas categorías masculina e feminina a vindeira temporada. "Temos a sorte e o orgullo de vivir un momento histórico" e os medios públicos "teñen que estar á altura", sinala a deputada Olalla Rodil en referencia aos representantes galegos na ACB (Breogán e os ascendidos Obradoiro e Básquet Coruña) e na Liga Feminina (Ensino, Uni Ferrol e o ascendido Celta). "Outras corporacións públicas, como a televisión pública de Catalunya, xa emitiron a tempada pasada os partidos das súas áreas de influencia", lembra Rodil -na imaxe, este luns na contorna do Pazo dos Deportes de Lugo, que acolle os partidos do Breogán e do Ensino.
- 40 anos do Mundobasket 86: os días que Tkachenko foi un ferrolán máis
- HEMEROTECA | Baloncesto, capital: Galicia
- HEMEROTECA | De festa polos nosos: o "orgullo de pertenza" desborda á calor dos éxitos dos equipos galegos
- HEMEROTECA | O BNG insta a emitir os partidos do Breogán pola TVG, que asume que non se interesou por mercalos