As chispas dun tren provocaron oito incendios ao seu paso na provincia de Ourense. Maside, Amoeiro, Punxín e a capital provincial sufriron diferentes focos na contorna da liña férrea que causaron diferentes problemas durante a tarde do pasado luns. Foto: @LumesGal.