Varios concellos do interior de Galicia en alerta amarela na tarde deste domingo por altas temperaturas ou por tormentas. O aviso esténdese a luns e martes por calor en parte das provincias de Lugo e Ourense, coincidindo cunha vaga de calor que afectará boa parte da península ibérica pero non a Galicia.